Os Insectos Especiais son un grupo secreto de alto rendemento especializado no rescate doutros insectos. Posúen unhas habilidades que os fan invencibles.
Estes insectos, foron chamados para unha importante misión: na cociña dos Queiruga hai unha formiga secuestrada por un paxaro. Mosca é a que deu a voz de alarma. Divisouna nun dos seus voos de recoñecemento.
Serán capaces de salvala?
Un libro con HUMOR en letras maiúsculas cunha historia de bechos absurda e divertida para fartar de rir. Advertimos… uns pican e outros non!